GL

Campaña en solidariedade cos espazos liberadxs e xs compas anarquistas a nivel mundial

Chamamos a unha campaña a nivel mundial de accións directas en solidariedade cos espazos liberados, do 2 ao 12 de febreiro de 2013.

Pero non queremos deternos despois dun puñado de accións, porque isto é moito máis que unha simple reacción á represión. É un chamado axs anarquistas e antiautoritarixs de todo o mundo a LOITAR AGORA.

Aínda que os recentes ataques violentos do Estado grego contra o espectro anarquista/antiautoritario foron a faísca inicial para escribir este chamamento, numerosos exemplos por todo o mundo demóstrannos que as policías e as autoridades municipais, xunto a empresas xigantes, cooperan xuntos excelentemente, atacando as estruturas solidarias e pacificando sociedades a nivel transnacional. Durante as últimas semanas e meses, en zonas do mundo onde a xente sofre de empobrecemento sistemático e extensos plans de aburguesamento, se deron cada vez máis ataques do Estado/Capital contra movementos radicais, incluíndo a represión contra determinadas formas de resistencia, como ocupacións de terras, proxectos autónomos, ocupacións de sedes corporativas ou folgas. Por iso, resulta importante que tamén conectemos as nosas loitas a nivel mundial e contraataquemos aquí e agora. Para ti, a faísca podería ser actuar en resposta aos ataques contra os espazos okupados da túa zona. Actúa na rúa e deixa voar a imaxinación para difundir a mensaxe da resistencia activa.

XS nosxs compas seguen encarceradxs arredor do mundo. Moitos dos nosos espazos autoxestionados están a ser asaltados ou desaloxados, a nosa infraestrutura está baixo asedio e aos nosos medios de contrainformación ou se lles censura ou se lles entorpece. Sempre que expresamos as nosas ideas en público, robocops uniformados axexan en cada esquina. A maquinaria da vixilancia segue todos e cada un dos nosos pasos, mentres o Estado conta co apoio de hordas fascistas armadas… Pero a nosa loita existencial vai máis alá da defensa de espazos sólidos.

Así que xa é hora de dicir abonda ao derrotismo permanente. A guerra social desátase independentemente de desaloxos ou detencións. Non hai fronteiras nos nosos corazóns. Por cada proxecto destruído, outros dous deberían xurdir arredor do mundo. Por cada compa encarceradx, que as nosas accións tomen a palabra.

Esperta, únete, vólvete salvaxe! Guerra á guerra dos poderosos!

POR UN FEBREIRO NEGRO

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *